Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

HISTORIAS (LIBROS I E II)

€21,00
ISBN 9788417388454
As Historias de Heródoto constitúen a primeira organización intencionadamente racional e con ánimo de perdurar no tempo dunha obra histórica, para evitar que as grandes fazañas humanas queden relegadas ao esquecemento.    

Ofrece unha explicación dos feitos lonxe da interpretación a través dos mitos. O núcleo da súa obra está fixado no ser humano e non nas divindades da cultura clásica. Para construír o relato, Heródoto espreme o relato e ofrece discursos enfrontados para que o lector saiba das dúas opinións sobre un mesmo feito. A través da anécdota e do amor polo detalle fiados con acontecementos máis importantes, ofrece unha visión de conxunto da historia dos pobos e dos costumes e permite ao lectorado vivir no século vi ou v a. n. e.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego