Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A FORZA ESCURA

€17,50
ISBN 9788411762090

O amante expresionista narra a biografía dun home que percorre diferentes cidades e países na procura da súa identidade até que a atopa en Galicia. Unha viaxe iniciática que o levará por Vigo, Barcelona, Madrid, Valencia, A China, O Xapón, Suíza e O Canadá. O libro constitúe unha reflexión sobre a paternidade desde dous puntos de vista: a do pai e a do fillo. O amante expresionista é, tamén, unha homenaxe á historia do cine. Un relato que trata da maxia das imaxes, do fado, dos lazos de sangue e dos emocionais, das linguas, da importancia de amar e daquilo que perdemos consonte vai transcorrendo a vida que nos leva.

Couperus, Louis

(A Haia, 1863 – De Steeg, 1923). Poeta, novelista e xornalista, é un dos grandes autores das letras neerlandesas. Adscrito ao naturalismo, nas súas obras xunta a recreación de grandes acontecementos históricos coas introspeccións dos seus personaxes. 

Couperus medrou nas Indias Orientais Neerlandesas, onde o seu avó era gobernador xeral da colonia, escenario que recreou en moitos dos seus libros.  

Coa súa primeira obra narrativa, Eline Vere (1889), publicada por entregas nun xornal, acadou o éxito literario no seu país, á que seguiron ducias de novelas e libros de relatos de toda caste. 

Dandi, un chisco extravagante e viaxeiro impenitente, nunca tivo domicilio fixo, vivindo no sur de Europa de vila en vila carrexando os baúis da súa biblioteca. 

Moitas das súas obras foron adaptadas ao cine, televisión e teatro con grande éxito.

____

Editorial: Galaxia 05-2024
Idioma: Galego