Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

HISTORIAS DE BARBANTIA (copia)

€17,50
ISBN 9788411762083

O amante expresionista narra a biografía dun home que percorre diferentes cidades e países na procura da súa identidade até que a atopa en Galicia. Unha viaxe iniciática que o levará por Vigo, Barcelona, Madrid, Valencia, A China, O Xapón, Suíza e O Canadá. O libro constitúe unha reflexión sobre a paternidade desde dous puntos de vista: a do pai e a do fillo. O amante expresionista é, tamén, unha homenaxe á historia do cine. Un relato que trata da maxia das imaxes, do fado, dos lazos de sangue e dos emocionais, das linguas, da importancia de amar e daquilo que perdemos consonte vai transcorrendo a vida que nos leva.

Álex Mene

(Vigo, 1969) é doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, cidade onde tamén se especializou en Realización e Produción no Instituto Oficial de Radio e Televisión.

Na actualidade exerce de catedrático de Debuxo nun instituto público de Galicia. No ano 2018 publicou o álbum ilustrado A raíña das tortas. Con Indómita e a semente da inmortalidade gañou o I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil “Muíño do Vento”. En 2020 obtivo o 3º premio no Certame de narracións breves Manuel Murguía polo texto titulado A herdeira, relato que se publicou no volume colectivo A garza en chamas. En 2021, publicou a novela Ana e as súas irmás e recibiu o premio de poesía Concello de Carral polo seu primeiro poemario, titulado Os puntos do impacto, ano en que tamén publicou o álbum ilustrado A encantadora de Serpes. En 2023, publicou a novela A luz nos teus ollos.

____

Editorial: Galaxia 05-2024
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • INDÓMITA E A SEMENTE DA INMORTALIDADE

    INDÓMITA E A SEMENTE DA INMORTALIDADE

    Álex Mene
    €11,50

    “O meu nome é Indómita. Teño case trece anos e medio e estou escribindo este diario para deixar constancia das cousas que acontecen por aquí. Eu so...

    Ver todos os detalles
  • PAPÓNS

    Vidal Portabales, Ignacio
    €17,00

    PREMIO ALBERTE QUIÑOI ÁLBUM ILUSTRADO, 2024 A Inés encántalle pasar tempo coa avoa e cultivar a horta con agarimo. Un...

    Ver todos os detalles
  • BISCOITO DE LARANXA

    Daniel Chapela
    €12,65

    A familia, desde a nosa chegada ao mundo, define a forma de nos relacionar, de amar e de existir, sendo, xeralmente, un espazo de opresión.Bis...

    Ver todos os detalles
  • O CORAZÓN DE XÚPITER

    O CORAZÓN DE XÚPITER

    Ledicia Costas
    €13,50

    Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do ...

    Ver todos os detalles
  • O SEGREDO DE AL'EUME

    Pilar Ortega Pereiro
    €15,50

    Despois do accidente en bibicleta da súa irmá Teba, nunha visita ao mosteiro de Caaveiro, Xiana ve como os seus problemas van en aumento e consegui...

    Ver todos os detalles