Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

HISTORIA E RECUPERACIÓN DO ENTROIDO DE SAMEDE

€15,00
ISBN 9788494784439

Sempre houbo mellor entroido en Samede que en ningún sitio. Viña xente de Ambroa, Cela, Mántaras, Coruxou… polo entroido aquí. É un sitio pequeno, quero dicir .que era unha aldea, pero xuntábase xente…Madre de Deus! O domingo era o día máis cativeiro. O luns, era o día das mascaras. Hai o luns! Martes igual que o Domingo e despois Mércores era o día do enterro…”

Asumir a tarefa de escribir este libro foi para min o mellor camiño para achegarme á alma desta aldea, podendo entender por este medio moito do que de ningún outro xeito podería comprender. Non aspiro á recreación exacta, nin a emular o traballo dun historiador, pero obrando con cautela para non danar a ninguén, pretendo compartir a súa historia tal como eles a lembran, sendo consciente de que as emocións son intransferibles.

____
Editorial: SAGA
Idioma: Gallego