Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

HISTORIA DA MÚSICA EN GALICIA

Esgotado
€49,00
ISBN WP2061
O libro pode dicirse, sen temor a equivocarnos que non é ‘outra’ Historia da Música en Galicia, senón que, de momento e quizais por moitos anos, será ‘a’ Historia da Música en Galicia á que todos os eruditos, afeccionados e lectores en xeral, acudirán para ilustrarse, descubrir un mundo case descoñecido, buscar información puntual sobre os mil e un aspectos diversos do noso pasado musical.

Esta obra formada por un libro e dous CD’s ofrece unha revisión actualizada da Historia da Música en Galicia desde unha perspectiva pedagóxica. O lector ten a posibilidade de se achegar cronoloxicamente á música feita en Galicia desde a prehistoria até os nosos días a través de:
  • 440 páxinas
  • 27 cadros e esquemas explicativos
  • Máis de 150 fotografías
  • 2 CD’s
  • 27 temas musicais, dous deles inéditos
  • Máis de dúas horas de música
A autora avoga
 por un enfoque de reconstrución histórica obxectiva a través de seis capítulos con apoio visual e didáctico. O libro contén ademais 2 CD’s que acompañan o lector no seu percorrido sonoro pola historia. Un total de 27 temas musicais, entre os que se atopan dous inéditos: unha gravación de Andrés Gaos ao piano e unha peza da Real Filharmonía de Galicia.

____