Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

HANS

€21,00
ISBN 9788498714821

“Canto máis me achego, máis lonxe estou”…

H. Ch. Andersen, escritor e poeta danés, que imaxinou o País dos Soños que conduce ao País dos Contos.
Hans é unha homenaxe a un danés universal, construída a partir dunha parte das súas historias máis coñecidas, a través dunha viaxe imaxinaria ao País dos Contos que Andersen imaxinou.
En palabras do autor, Javier del Sastre, “ Hans é un neno que soñou con ir ao País dos Contos, un
país onde vive un señor moi maior, o señor Andersen… Naquel prodixioso lugar, todos os personaxes andaban inquietos e alarmados. Uns dicían que Hans sería o señor Andersen cando fose maior; outros, que o señor Andersen foi Hans sendo neno; algúns non dicían nada, preferían ler contos á sombra dun vello carballo… Atoparanse Hans e o señor Andersen algunha vez?… No País dos Contos pode estar a solución.”
A venezolana Susana Suniaga realiza un excelente e minucioso traballo de debuxo e cores, para conformar un dos seus traballos artísticos máis persoais, imaxinando personaxes de conto nunca antes retratados, inseridos en fascinantes escenarios simbólicos.

CASTELLANO

“Cuanto más me acerco, más lejos estoy”…

H. Ch. Andersen, escritor y poeta danés, que imaginó el País de los Sueños que conduce al País de los Cuentos.

____

Editorial: OQO
Idioma: Galego/ Castellano