HAI SANTOS QUE NON QUEREN IR AO CEO — Librería Abrente Ir ao contido

HAI SANTOS QUE NON QUEREN IR AO CEO

€19,75
SKU WP4774
Trátase dunha novela de carácter histórico ambientada no sur de Francia a comezos do século XIV. A principios do século XIV, os cátaros parecían definitivamente eliminados. A herexía que socavara as cimentacións da igrexa católica por fin fora erradicada, logo de dous séculos de desapiadada cruzada

Trátase dunha novela de carácter histórico ambientada no sur de Francia a comezos do século XIV. A principios do século XIV, os cátaros parecían definitivamente eliminados. A herexía que socavara as cimentacións da igrexa católica por fin fora erradicada, logo de dous séculos de desapiadada cruzada. Porén, os altos cumios dos Pirineos son demasiado inaccesibles, mesmo para os predicadores do papa. Alí, os habitantes da pequena aldea de Montaillou mantéñense fieis á doutrina dos chamados homes bos, unha especie de sacerdotes que, na clandestinidade, difunden a herexía pola rexión. Mais nunca foi a igrexa amiga de mirar para outro lado. Tres personaxes (unha nobre castelá, un humilde pastor e un membro da Inquisición) achégannos a súa visión sobre o enfrontamento final entre dúas formas de rezar, entre dous xeitos de vivir. Ao cabo das súas vidas, as lembranzas flúen e espertan a nostalxia dun tempo en que puxeron a súa prezada liberdade por enriba daquilo que outras xentes, outros home, decidiran que tiña a obriga de ser.   O historiador francés Emmanuel Le Roy Ladurie foi moi consciente desa valía e dedicou todo un tratado, chamado “Montaillou: aldea occitana de 1294 a 1324” (Taurus, 1988) a recompilar os vestixios costumbristas que proporciona o rexistro inquisitorial. Nin que dicir ten que esta obra é unha pedra angular do meu proxecto de novela.   Para min, o máis sedutor da historia é precisamente que sucedeu de verdade. Resúltame sobrecolledor que Béatrice de Planissoles existise realmente, que poidas pecharte nas ruínas do seu castelo no sur de Francia, que sexa posible asomar á igrexa onde o padre Clergue predicou, que haxa rutas sendeirismo por carreiros onde hai séculos se agochaban os perfectos cátaros.   Así que si, hai filón, un filón enorme e inesgotable. Paixón, traizón, violencia, sexo… material suficiente non para unha novela, senón para unha triloxía.