Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

HABITAR AS ILLAS

€8,50
ISBN 9788484870766

A literatura -os libros- illas que habitamos, mundo textual que nos mergulla de cheo nunha aparencia, que sentimos con tanta intensidade que poderiamos pensar que -sen ela- o noso mundo estaría incompleto. Onde está a verdade? Na paisaxe -de obxectos e peripecias- que contemplamos ou na realidade perfecta que o escritor inventa para nós?

Talvez en ningures, talvez a verdade nin exista e, talvez, non nos importe demasiado.

A illa metafórica do Diario dun buscador de libros transfórmase en símbolo en A illa, en punto de unión entre personaxes diversos, mundos fragmentarios, irreais na súa realidade, anacos de pedra rodeados dun mar inclemente. Habitar as illas é un arquipélago menor, dividido en dous relatos, dúas extensas metáforas, un único símbolo.

_____

Editorial: Laiovento 2005

Idioma: Galego