Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

HABERÁ PRIMAVERA. CATORCE POEMAS, CATORCE CANCIÓNS

€29,50
ISBN 9788498653977
Música e literatura da man dun libro-disco acompañado da derradeira entrevista de Álvaro Cunqueiro.

Neste ano 2011, e coincidindo co centenario do nacemento do poeta Álvaro Cunqueiro, Editorial Galaxia edita un libro de poemas do autor de Mondoñedo, acompañado de dous CDs, un cos poemas musicados por César Morán, e outro coa gravación da derradeira conversa concedida por Cunqueiro, precisamente a César Morán, días antes de morrer. Estamos a falar dun libro-disco que ademais de conter unha excelente proposta musical, agasállanos cun documento histórico de primeira orde. César Morán rodeouse de músicos de primeiro nivel (entre os que destaca a voz de Uxía Senlle) para ofrecernos un excelente e elegante traballo que vai namorar aos seguidores de Cunqueiro pero tamén aos amantes da boa música que poderán comprobar como soa o de Mondoñedo agarimado pola guitarra, a frauta traveseira, o saxo alto, o contrabaixo e a percusión da banda de César Morán, quen presta a súa voz sintonizando á perfección coa lírica contida dos versos de Cunqueiro. Un proxecto innovador que nos presenta a Cunqueiro doutra maneira, unindo literatura, música e un documento sonoro de innegable valor histórico e literario, como é esa derradeira conversa co de Mondoñedo.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego