Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

GUÍA ECOLÓXICA DO LITORAL GALEGO

€44,95
ISBN 9788475079738

Galicia é un país de 1.675 quilómetros de costa, dunha riqueza e diversidade únicas no mundo, o que faí das nosas rías un modelo de ecosistema irrepetible. Con este libro dase a coñecer por primeira vez unha obra sobre a bioloxía mariña de Galicia, con información oceanográfica e xeolóxica, a maís de botánica e zoolóxica. En moitos sentidos, Galicia vive aínda hoxe de costas ó mar, a ese mar no que os recursos pesqueiros e marisqueiros teñen un protagonismo indiscutible na economía do país. Esta guía é fundamental para coñecer o noso ecosistema mariño e valorar e protexer as posibilidades do litoral galego. Luís Míguez, Concepción González e Oscar García ofrécennos un estudio e catalogación dos espacios naturais marítimo-terrestres, unha interesantísima serie de roteiros para coñecer as nosas costas que satisfará por igual a observadores accidentais, afeccionados, naturalistas ou profesionais.  

Limiar
Introducción
O Medio .
Orixe e evolución da costa galega. As rías .
O modelado litoral
¿Quen modela a costa?
Os acantilados
As praias
As dunas
Barras e lagoas litorais
Marismas e esteiros
As illas ...
Características físicas e químicas da auga mariña
A salinidade
A temperatura
A densidade
A luz e a cor ..
Os gases disoltos ..
Os nutrientes
O mar en movemento
As ondas
As mareas
As correntes
Ecoloxía do medio litoral
A fixación, o primeiro problema
Adaptacións dos organismos ás variables do medio
Adaptacións dos vexetais
Adaptacións dos animais
Estratexias alimenticias
Os autótrofos •
Os heterótrofos
Redes tróficas litorais
Zonación e sucesións ecolóxicas
Ecosistemas litorais
Os rochedos
Zona supralitoral
Zona mesolitoral
Zona infralitoral
Os sustratos moviles
Coidos ou coiñais
Areais .
Lamazais
Zosterais
Lagoas
Marismas
Aribazóns
Materiais de orixen bioxenética
Formas biolóxicas fixas
Formas biolóxicas libres
Ecosistemas artificiais
As bateas
Arrecifes artificiais
Roteiros. Areas e puntos de interese ecolóxico litoral
A rasa costeira galega .
Costa norte
De cabo Ortegal a cabo Prioriño
Golfo Ártabro
De A Coruña ata Fisterra
De Carnota a Corrubedo
Ría de Muros e Noia
Ría de Arousa
Ría de Pontevedra
Costa de Soavela
Ría de Vigo ..
Costa de Oia
Apéndices
Glosario de termos utilizados
Bibliografía
Listado sistemático das especies citadas polo nome científico
Listado sistemático das especies citadas polo nome galego
Listado alfabético xeral de especies   

____

Editorial: Xerais 1996
Idioma: Galego
Páxinas: 390
MAR
ECOLOXÍA MARINA
MEDIO AMBIENTE
MEDIO MARIÑO