Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

GROELANDIA

€22,95
ISBN 9788411761734

PREMIO NARRATIVA B.REPSOL 2023

Comeza 1995, o ano da guerra do fletán entre Canadá e os pesqueiros galegos que
traballan preto de Terra Nova. Un mariñeiro case moribundo é atopado nunha
balsa salvavidas e levado ata as illas dos Azores, onde esperta sen memoria e,
mentres reconstrúe a súa identidade, nun dilema entre a lealdade matrimonial e o amor
pola enfermeira que o coidou, vese envolto nunha aventura chea de humor e intriga.
Os Azores, as súas paisaxes paradisíacas e o submundo volcánico e violento das súas
bases son os protagonistas dunha novela que combina o estilo dos libros de viaxes coa
literatura romántica, policial e de aventuras. Unha obra “plena e orixinal onde se corco-
se un mosaico literario de perfecto encaixe”.

FRAN PFERNÁNDEZ DAVILA (Vigo, 1974) é o fillo de Humberto, mecánico engraxador
nun barco de pesca de altura, e Benilde, ama de casa, labrega e obreira nunha fábri-
ca de conservas. Grazas ao duro esforzo dos seus pais e irmáns estudou enxeñaría,
profesión que vén exercendo dende o ano 2000, deseñando e construíndo máquinas e
instalacións que conxelen e conserven cousas. Gústalle viaxar, o café con natas, e bota
de menos xogar ao fútbol cos amigos. Tocou o bombardino na banda de San Miguel de
Oia durante dez anos e comezou a escribir en 2016 como terapia antiestrés. Dende entón, e ata este ano, gañou máis dunha trintena de premios, a metade de p oesía e a metade de narrativa, o que o levou a múltiples publicacións colectivas e sete libros individuais, catro novelas, A senda de sal (Editorial Galaxia, 2017), Alana (2018), O bosque do duque. Hertogenbosch (Editorial Galaxia, 2022), Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas (2023) e os seus dous poemarios en solitario: Mover os marcos (2019) e ko postla (2023). Groenlandia é a súa quinta novela.

______

Editorial: Galaxia 11-2023
Idioma: Galego