Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

GRIAL 210 ABRIL,MAIO,XUÑO 2016

€12,00
ISBN WP5715
Feminismo (os) Non é a primeira vez que GRIAL aborda esta cuestión, certamente representativa do noso tempo: a presenza da muller en todos os ámbitos da vida social, ideolóxica, filosófica, política… No centenario das Irmandades da Fala. Ilustrando en Galicia. ......

Marilar Aleixandre, compañeira do consello de redacción de GRIAL e recentemente elixida membro do plenario da Real Academia Galega, coordina este numero monográfico da revista dedicado ao feminino. Feminismos (os) en plural, para salientar a diversidade de posicionamentos e perspectivas que o movemento amosa e que en parte están tamén recollidos nestas paxinas. Saleta de Salvador, Iolanda Martínez, Carmen Castro, Olga Castro, Encarna Otero e Mariam Mariño abordan a cuestión feminina dende a economia, a empresa, a organización social, a lingüística, a arte…, tanto dende unha perspectiva universal como dende a tradición galega. Non é a primeira vez que GRIAL aborda esta cuestión, certamente representativa do noso tempo: a presenza da muller en todos os ámbitos da vida social, ideolóxica, filosófica, política… O número 176, correspondente aos meses de outubro-novebro-decembro de 2007, estivera dedicado a "Xénero, sexo e sexualidade: unha ollada dende o feminismo", número que despertou grande interese, coordenado daquela por Dolores Vilavedra e María Xosé Agra. No mesmo número da revista (210) que se distribúe agora en librerías e entre os subscritores, abórdase a memoria do centenario das Irmandades da Fala, recuperando o epístolario entre Antón Vilar Ponte e o nacionalista catalán Joan Estelrich nos anos 20 do pasado século. O traballo vén contextualizado e anotado polo profesor Joaquín Ventura. GRIAL dedicará máis extensamente ás Irmandades da Fala o seu próximo número 211, correspondente aos meses de xullo, agosto e setembro. En certa maneira o traballo do profesor Ventura é un adianto. David Pintor amósanos un documentado e interesantísimo panorama da actual creación dos ilustradores galegos, acaso unha das manifestacións artísticas e de comunicación mais celebradas nos últimos tempos, con figuras recoñecidas mesmo internacionalmente. Luis Pérez Rodríguez recrea a relación entre Federico García Lorca e o escritor galego Carlos Martínez-Barbeito, coincidindo cos 80 anos do asesinato do poeta granadino e da edición dos seus "Seis poemas galegos" na editorial Nós. E Marta Gómez Ocampo ofrécenos un ilustrativo traballo de sociolingüística sobre a suposta "imposición do galego". No Sumario que se adxunta poden os lectores e lectoras pescudar con máis detalle os contidos deste número da revista GRIAL.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • GRIAL 200 OUTUBRO, NOVEMBRO, DECEMBRO 3013

    GRIAL 200 OUTUBRO, NOVEMBRO, DECEMBRO 3013

    Librería Abrente
    €12,00

    200 números da revista GRIAL. 50 anos de Grial. Medio século de historia.Un acontecemento.Non podemos consideralo doutra maneira, e así queremos co...

    Ver todos os detalles
  • GRIAL 223

    GRIAL 223

    VV.AA.
    €12,00

    Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda: Camiños explorados    Non é a primeira vez que GRIAL dedica atención especial a unha figura das nosas letras ou d...

    Ver todos os detalles
  • GRIAL 228

    VV.AA.
    €13,00

    Un século entre NósA aparición da revista Nós en outubro de 1920, da man de Vicente Risco, Castelao e Arturo Noguerol, supuxo un punto de inflexión...

    Ver todos os detalles
  • GRIAL 207 XULLO, AGOSTO, SETEMBRO  2015

    GRIAL 207 XULLO, AGOSTO, SETEMBRO 2015

    Librería Abrente
    €12,00

    GRIAl dedica o seu número 207 á memoria dun dos seus fundadores, Xaime Isla Couto (Santiago de Compostela, 1915-Vigo, 2012), fundador tamén de Edit...

    Ver todos os detalles
  • GRIAL 237

    VV.AA.
    €13,50

    A Real Academia Galega escolleu a Francisco Fernández del Riego como o persoeiro homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas. O que fora preside...

    Ver todos os detalles