Grandes receitas continúa o camiño que comezou o raposo Rufo con Receitas cativas. O principal cometido é achegar, unha vez máis, a nenos e nenas á cociña. Involucralos na elaboración dos pratos que, de seguro, despois comerán con máis gusto.
Tamén buscamos conciencialos da importancia dunha alimentación sa e equilibrada. Para elo elaboramos receitas evitando o abuso de azucre, produtos refinados ou graxas, dándolle importacia a produtos naturais como froitas e verduras.
____
Editorial: EmboraIdioma: Galego