O doutor Raymond ten unha teima, unha visión que o ha converter nun senlleiro home de ciencia: erguer os veos da nosa realidade para poder contemplar a esencia mesma do mundo ou, nas súas palabras “o gran deus Pan”. Para o seu experimento servirase de Mary, a súa pupila de dezasete anos. mais, como decotío acontece nos experimentos loucos e impíos, non todo funciona como debera.
Anos máis tarde, Helen Vaughan, unha muller fermosa e enigmática, aparece en Londres, onde comezan a se suceder unha serie de terríbeis suicidios. Aos poucos, as pescudas dos protagonistas irannos levando cara a unha realidade estarrecedora e noxenta, vinculada ao máis profundo da natureza humana e divina, a aquilo que subxace á civilización e que os antigos conquistadores das illas Británicas deron en chamar e en venerrar nos seus templos do máis profundo das fragas milenarias como o gran deus Pan.
Idioma: Gallego

____
Editorial: UrcoIdioma: Gallego