Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

O GOZO DAS DAMAS

€13,00
ISBN 9788494257070

Prepublicada por capítulos en 1882 no xornal Gil Blas, O Gozo das Damas narra a historia de Denise, unha moza orfa que chega a París cos seus dous irmáns procurando o posto de traballo que o seu tío Baudu lle ofrecera ao morrer seu pai. Porén, cando Denise chega, o negocio de Baudu atópase xa en franco declive por mor da durísima competencia que supoñen



Para el e para todos os pequenos comerciantes do barrio, os modernos grandes almacéns fundados por Octave Mouret. Será neles, e non na tenda familiar, onde Denise comece a gañar a vida en París e desde onde verá as profundas mudanzas que provocarán en toda a cidade.
Émile Zola (París, 1840 - 1902) é deses poucos autores na historia da literatura dos que se pode dicir que creou todo un movemento. Mais antes de converterse nun dos autores máis coñecidos, publicados e traducidos da literatura francesa, o pai do naturalismo foi primeiro un estudante de bacharelato fracasado e libreiro e xornalista despois. En 1868 concibe o proxecto Rougon-Macquart, unha colosal obra en vinte volumes coa que pretende retratar como nun fresco a sociedade francesa na súa totalidade, a través dunha saga familiar. É nesta gran obra coral na que se encadra O Gozo das Damas, undécimo volume da serie.

____

Editorial: Irmás Cartone
Idioma: Gallego