Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

GORAŽDE, ZONA SEGURA

€19,00
ISBN 9788492866496
Entre finais de 1995 e principios de 1996, o debuxante/xornalista Joe Sacco viaxou catro veces a Goražde, unha zona segura designada pola ONU durante a guerra de Bosnia que levaba tres anos e medio cambaleando no bordo da aniquilación total. Tradución do inglés de Rafael Salgueiro

Aínda rodeada de forzas serbo-bosnias, a poboación de Goražde, eminentemente musulmá, soportara duros ataques e privacións para continuar na súa vila mentres no resto de Bosnia oriental facían unha “limpeza” brutal da súa poboación non serbia. Pero así como Goražde, zona segura é un relato dun asedio terrible, tamén presenta unha instantánea de persoas que lentamente se permitían a si mesmos crer que a guerra estaba rematando e que sobreviviran.

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego