
Gonzalo Torrente Ballester, la travesía de un creador comprende o catálogo da exposición do mesmo nome, coorganizada pola Xunta de Galicia na Biblioteca Nacional de España, que quere render homenaxe á figura e á obra de Gonzalo Torrente Ballester no vixésimo quinto aniversario do seu pasamento, así como contribuír a que a cidadanía se poida achegar ao seu valioso labor de creación cunha nova e máis completa mirada.
As pezas que conforman esta mostra, que reúne materiais bibliográficos; manuscritos e primeiras edicións; debuxos e fotografías; obxectos de traballo e persoais; prensa e material gráfico diverso, proceden fundamentalmente dos fondos da Biblioteca Nacional e da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, con achegas de particulares e doutras institucións, bibliotecas e arquivos, como Filmoteca Española, Diario de Pontevedra e a Biblioteca Regional de Madrid
____
Editorial: Xunta de Galicia 02-2025
Idioma: Castellano
pÁXINAS: 272