Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

GNOMOS

€30,00
ISBN 9788416884810

Este libro trata da vida dos gnomos.

Como viven os gnomos?

Como subsisten?

Como constrúen as súas casas?

Nestes vinte anos de
observación, coidamos que
chegou o momento de
deixar por escrito as nosas
experiencias e achados,
tras recibir permiso, por
suposto, dun consello
autorizado de gnomos (ó cal, por certo, lle levou cinco
anos tomar unha decisión). Na nosa opinión, este
libro enche un deplorable baleiro, xa que a literatura
publicada sobre os gnomos é practicamente nula.
Unha das principais fontes de información foi o
voluminoso tratado de Wilhelm J. Wunderlich De
hominibus Parvissimis («Sobre os homes diminutos»),
publicado en 1580. Este achega datos extraordinarios,
aínda que, por desgraza, confunde tan a miúdo os
gnomos con ananos e con dubidosos personaxes dos
contos de fadas que a súa fiabilidade xeral é escasa.
Na actualidade, os gnomos son seres case
esquecidos. Como se moven de noite nos bosques e
ás veces nas moradas humanas, non é coincidencia
que o termo con que se designaban na antiga
lingua xermánica fose Kuba-Walda, que significa
‘administrador da casa’ ou ‘espírito caseño’. En
zonas rurais, estes administradores da casa viven con
frecuencia nas vigas dos celeiros, dende onde, se os
tratan ben, teñen conta do gando e mais das colleitas.
Outra variante do seu nome, relacionada coa palabra
mandil, fai referencia ós conceptos ‘poñer en orde’ ou
‘facer tarefas esporádicas’ (con ou sen mandil).
Antigamente, o gnomo era aceptado como membro
da sociedade en Europa e na Rusia siberiana. Víanse
gnomos de forma regular, e as persoas, en todos
os ámbitos da vida, recibían deles recompensa ou
castigo, axuda ou obstaculización (segundo a actitude
que mostrasen), situación que chegou a parecerlles
completamente normal. Pero iso foi nuns tempos en
que as augas eran transparentes e os bosques virxes,
cando os camiños levaban en paz dun poboado a outro
e os ceos só se enchían de paxaros e estrelas.
Dende entón, os gnomos víronse obrigados a
retirarse a recunchos ocultos, por riba e por baixo do
chan, onde evitan que os vexan, de modo que cada vez
menos xente cre na súa existencia. No entanto, igual
que se non miras con atención non conseguirás ver
unha lebre nun prado nin un cervo no bosque,
o mesmo ocorre cos gnomos: pode que non os vexas,
pero abofé que están alí.

____

Editorial: Rinoceronte 08-2024
Idioma: Galego