Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

GALIZA E FEMINISMO EN EMILIA PARDO BAZÁN

€17,50
ISBN 9788418567070

A profesora e investigadora María Pilar García Negro examina, neste ensaio, o feminismo de Emilia Pardo Bazán, a súa actitude ante a lingua e literatura galegas ou o trato que dispensou a Rosalía de Castro. Tamén analiza o xeito en que a autora coruñesa exercía de galega e a imaxe que proxectaba do país; e, por último, o seu posicionamento ideolóxico ou político. En todos estes asuntos, deixa falar á propia Pardo Bazán, quen irá retratándose a través da súas obras ou declaracións. Este volume presenta unha ollada ben diferente aos estudos e libros publicados ata hoxe sobre a recoñecida narradora.

A autora do presente volume formula –e dá resposta– a varias cuestións relevantes arredor da personalidade e da obra de Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851-Madrid, 1921), escritora plenamente integrada na literatura española de fins do XIX e comezo do XX.

María Pilar García Negro examina, por unha banda, o feminismo da narradora e pregúntase se miraba realmente con lentes violeta ou eran pola contra uns lentes “de clase”. Por outro lado, analiza o xeito en que Pardo Bazán exercía de galega e, sobre todo, que imaxe de Galicia construíu e difundiu por España. En terceiro lugar, abórdase tamén nestas páxinas o posicionamento político ou ideolóxico da recoñecida autora. ¿Era dona Emilia liberal ou fondamente conservadora? ¿Como encaixaba o seu aristocratismo en todo o seu pensamento?

A súa actitude ante a lingua e a literatura galegas e o tratamento en concreto que lle dispensou a Rosalía de Castro son outras das cuestións cruciais abordadas detidamente neste ensaio.

María Pilar García Negro deixa falar, en todos estes asuntos, á propia Emilia Pardo Bazán. Será ela, a través das súas obras e das súas declaracións, quen vaia retratándose. O resultado é unha ollada ben diferente á maioría de estudos e libros publicados ata hoxe, sobre a condesa de Pardo Bazán, nun ano como o 2021 no que Galicia e España conmemoran o centenario da súa morte.

    _____

    Editorial: Alvarellos
    Idioma: Galego