Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

GALEGAS EN CUBA

€18,00
ISBN 9788417094805
Este libro testemuña a memoria dunhas mulleres e uns homes que construíron Galicia desde a emigración, unhas persoas que, así mesmo, forman parte da historia de Cuba e da súa capital, La Habana, polas diversas iniciativas e institucións sociosanitarias que promoveron, entre as que destacan o hospital Hijas de Galicia, no barrio habaneiro de Luyanó.

A obra ofrece un relato vivencial imprescindible: o das mulleres galegas que chegaron á illa nunhas condicións difíciles e que, grazas ao seu esforzo e á solidariedade recibida, e logo normalmente ofrecida por elas mesmas, trataron de saír adiante. Non é o relato do éxito do indiano que regresa con bens e aforros, senón o do traballo moitas veces sen recompensa. O envés dunha moeda que cómpre coñecer e valorar.    

____

Editorial: Edicións Fervenza
Idioma: Gallego