Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

FORNELOS & FORNELOS: TERCEIRA FUNDACIÓN

€12,50
ISBN 9788491215158
A través dunha arquitectura sólida e un universo poético enlazado na mellor tradición literaria occidental e galega...

Xerardo Quintiá ofrece en Fornelos & Fornelos: terceira fundación un poemario entendido como unha proposta aberta, non pechado en si mesmo, que se revela como o fragmento dun corpo poético concibido como Obra Única. Aquí, a palabra procura redimir os espazos físicos e espirituais que o tempo converteu en ruínas, que non son outra cousa que a metáfora da propia vida. A ruína doe porque é ferida e só a través da palabra pode ser asumida dun xeito racional e á vez emotivo. Ese é o encargo do poeta: sacar á luz o que permanece agochado baixo os restos do derrubamento a través dunha escrita afastada de dogmas, que se abre ao ritmo do alento co que respira.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego