Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

FORMAS DE SER

€9,90
ISBN 978848788220X
O que facemos non é o que somos, pero os nosos actos van deixando un regueiro da propia vida nos lugares que habitamos.

INCORPORADOS

Eles son o que eu son, fórmanme, complétanme. Eu utilízoos, só cunha pequena sombra de culpabilidade inútil. Así é o amor. Seis persoas que fan un pequeño resumo de min, un esbozo, máis seguramente aburriría, como algo demasiado coñecido. Polo de agora son as máis importantes: miña nai, meu pai, miña irmá, miña avoa, miña tía e o meu mozo (a quen ademais lle debo estas fotos). Neles teño a nena que fun, a muller e a anciá que hei ser, e o home que moitas veces quixera ser. Tamén o que non desexo e soamente comparto, como a enfermidade e a dor. Ispo que os posúo, que me pertencen, para ben e para mal utilizámonos mutuamente e seguimos xuntos. Amósovolo nunha arroutada de sinceridade, agachada nun artificio que me protexe, como escudo amoroso, das vosas olladas tamén sinceras.

TEMPO AO TEMPO

“Como te vexo vinme, como me ves veraste”. Pero non me importa se me parezo a ti. De cativa gustábame xogar a facer “cus de polo” coa pel das túas mans. Aínda me gusta, só que agora o xogo é mais fatigoso, indecente incluso, pero ti conséntesme todo, aínda que non o entendas nin eu o mereza. O que espimos son máis ca uns corpos, toda unha historia; a vida escrita na superficie. Para min… fermoso.

COMPOSTURAS

O que facemos non é o que somos, pero os nosos actos van deixando un regueiro da propia vida nos lugares que habitamos. Recunchos que nos reflicten pero ao tempo nos constrúen, nos deforman e chegan a apropiarse de nós tanto como nós deles. Outra vez as mesmas seis persoas, un mosaico que compón o meu espacio vital. Por iso necesito definilas, amosalas e velas, resumilas, concretalas e entendelas.

Andrea Costas


____

Editorial: CEF
Idioma: Gallego