Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

FOLLAS NOVAS

€22,00
ISBN 9788493943424
Follas novas, poemario de gran fondura e riqueza expresiva que supuxo a consagración definitiva da padronesa nas letras galegas. Nestes poemas, Rosalía convértese en cronista comprometida dos problemas da súa época, centra a súa atención nas mulleres desde unha ollada radicalmente moderna e íspese a si mesma, íntima e melancólica.

Novo volume integrado na colección promovida por El Patito Editorial, que recupera a poesía dunha muller tan fóra das convencións do seu tempo e tan universal como Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837-Padrón, 1885) en edicións ilustradas por senlleiros artistas. Esta nova entrega, cuxa edición coincide coa celebración en 2012 do 175 aniversario do nacemento da autora, vai dedicada a Follas novas, poemario de gran fondura e riqueza expresiva que supuxo a consagración definitiva da padronesa nas letras galegas. Nestes poemas, Rosalía convértese en cronista comprometida dos problemas da súa época, centra a súa atención nas mulleres desde unha ollada radicalmente moderna e íspese a si mesma, íntima e melancólica. As ilustracións de Álvaro de la Vega (Paradela, 1954) afondan e dialogan cos diferentes rexistros manexados por Rosalía, nun percorrido que traduce en imaxes a súa melancolía, a súa ironía ou a súa rebeldía, revelando, unha vez máis e con grande acerto, o alcance universal e a vixencia das súas creacións.  

____


Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • DESVELANDO ROSALÍA E A SÚA OBRA

    FRANCISCO RODRÍGUEZ
    €15,00

    NOVIDADE Un libro en que o autor continúa o esforzo por restaurar a verdadeira Rosalía.  Este libro é máis un contributo para desvendar a verdadeir...

    Ver todos os detalles
  • FOLLAS NOVAS

    FOLLAS NOVAS

    Ana Roig
    €14,90

    Posiblemente aquí están as páxinas e os versos máis intensos da nosa autora, os sentimentos máis desacougantes, as grandes preguntas universais, a ...

    Ver todos os detalles
  • ROSALÍA DE CASTRO. A LUZ DA OUSADÍA

    Diego Pardo Amado
    €12,00

    Rosalía de Castro. A luz da ousadía abre as portas ao coñecemento dun debate sobre a identidade, condición e capacidades das mulleres, central no s...

    Ver todos os detalles
  • LA FLOR. A MI MADRE

    LA FLOR. A MI MADRE

    Rosalía de Castro
    €18,00

    Os versos de La flor e A mi madre, que supuxeron os comezos da traxectoria literaria de Rosalía, dialogan coas suxestivas imaxes de Fausto Isorna (...

    Ver todos os detalles
  • PAPAGAIO

    Luisa Villalta
    €22,00

    Unha nova edición dunha das obras máis comprometidas e feministas da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024. No ano 2001, o barrio c...

    Ver todos os detalles