Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. O SOÑO DUNHA GALICIA INFINDA

por AA.VV
€15,00
ISBN 9788419155399
Cando a Real Academia Galega decidiu dedicar a Florencio M. Delgado Gurriarán o Día das Letras Galegas, fíxoo consciente de que se trata dunha figura poliédrica, cunha non moi extensa obra literaria mais que representa coma poucas un perfil vital e intelectual esgazado polas consecuencia do levantamento fascista de 1936, o perfil de tantos homes e mulleres, a meirande parte deles esvaídos no anonimato, que tiveron que reinventarse da outra banda do mar. O exilio foi o destino que os salvou e que os alleou de vez, nun ambiguo pulo da fortuna que determinaría para sempre as súas vidas. Ese foi o caso de Florencio Delgado Gurriarán, quen chegou a México o 7 de xullo de 1939. Este libro, co que a USC honra a memoria e lembra a obra do autor, componse de seis interesantes traballos que fan un percorrido pola biografía literaria, humana e sociolingüística do autor.

____

Editorial: USC 2022
Idioma: Galego