Físico [Physical], a obra coa Andrew McMillan debutou na poesía, converteuse nun dos grandes acontecementos literarios do ano 2015 na literatura británicana e o xornal The Gardian concedeule por vez primeira a un poemario o premio ao mellor libro de debut.
Ese foi o inicio dunha traxectoria que inclúe galardóns como o Somerset Maugham Award, o Eric Gregory Award, a Northern Writers’ Award ou o Aldeburgh First Collection Prize. A calidade e singularidade de Físico non é para menos. Encontrámonos ante unha poesía
de sintaxe complexa, imaxes turbadoras e mirada punxente sobre a familia e as relacións afectivas. Poucos poetas como McMillan souberon abordar o desexo masculino e as súas expresións a miúdo frustradas. Cun estilo que funde de xeito maxistral a distancia e
a calidez emocional, estes poemas adentran as lectora e os lectores nun ámbito do desexo que fala o idioma da felicidade, da desolación pero tamén o dos códigos secretos do corpo, as súas posibilidades renovadoras e os lindes da decepción.
Andrew McMillan [South Yorkshire no ano 1988] foi recoñecido con Físico [“un libro incomparable”, en palabras da crítica Sarah Crown de The Gardian] a voz poética máis poderosa da última xeración británica do século XX. Marcado pola experiencia de Tom Gunn, un dos referentes da poesía queer en inglés, ou pola poesía de denuncia sobre a opresión sexual de Sharon Olds, McMillan logrou crear un estilo que transforma o íntimo e o cotiá nunha revelación trascendente da vida. Esta característica fornece tamén o seu segundo libro, playtime, publicado en 2018. Actualmente é profesor na Manchester Writing School da Manchester Metropolitan University.
____
Idioma: Galego