Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

FILIBUTH OU O RELOXO DE OURO

por Max Jacob
€16,00
ISBN 9788494880551
Publicada en Francia en 1923, é representativa do Max Jacob escritor: posuidor dun estilo arbóreo, atropelado, rompedor e nada habitual.  O autor tece unha historia da sociedade francesa mediante o retrato de gran cantidade de figuras de extracción social dispar pero de natureza semellante...

Coa pretensión de se burlar da loucura e da mala fe dos seus semellantes, a historia constrúese a partir das peripecias dun reloxo, o cal, tras ser adquirido en 1804, é herdado pola viúva Lafleur, quen o conserva con tanta reverencia como desleixo. Vítima de constantes cambios de mans, o obxecto emprende unha viaxe internacional por lugares como a Costa Azul ou Venecia, onde se converte en amuleto nunha sesión de hipnotismo e asiste ás loiadas do vello conquistador Cecco Baldo. Ao cabo, tras chegar ao Xapón, retorna á señora Lafleur e coñece un ridículo final. O autor tece unha historia da sociedade francesa mediante o retrato de gran cantidade de figuras de extracción social dispar pero de natureza semellante, que prodigan os seus excesos verbais. O relato deriva así nunha enorme caricatura adobiada con reflexións morais e extensas cartas. Os paralelismos entre Max Jacob e o personaxe de Odon-Cygne-Dur –ambos veciños da rúa Gabrielle, un dos principais escenarios da historia, e convertidos á fe relixiosa, desenganados da vida parisiense–, fan que parte da crítica a defina como unha novela autobiográfica desenfadada e vangardista que combina a linguaxe elíptica e metafórica co rexistro popular.

____

Editorial: Hugin e Munin

También te podría interesar...

  • OURIKA

    OURIKA

    Claire de Duras
    €7,00

    Madame Duras sentiu unha gran fascinación pola historia de Ourika –unha moza senegalesa educada pola familia Beauvau, á que a autora frecuentaba–, ...

    Ver todos os detalles
  • O LONGO ADEUS

    O LONGO ADEUS

    Librería Abrente
    €15,00

    O longo adeus, publicada en 1953 e galardoada dous anos máis tarde co Premio Edgar que concede a Asociación de Escritores de Misterio dos Estados U...

    Ver todos os detalles
  • GOBSECK

    Honoré de Balzac
    €13,00

    A novela curta Gobseck foise ampliando en sucesivas edicións, dende o seu primeiro esbozo, aparecido na prensa en 1830, até a edición de 1842, cand...

    Ver todos os detalles
  • UN MUNDO DISTINTO

    UN MUNDO DISTINTO

    Joseph Hall
    €16,00

    Obra que o prudente bispo inglés Joseph Hall nunca admitiu como súa a fin de evitar as represalias dos puritanos da época, foi escrita en latín en ...

    Ver todos os detalles
  • EL

    Louise Colet
    €17,50

    Rescatar El, de Louise Colet, supón sacar do esquecemento unha escritora prolífica reducida ao papel de musa e vítima da misoxinia da época. Public...

    Ver todos os detalles