Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

FERIÓPOLIS

€12,50
ISBN 9788411829137

Premio Barco de Vapor 2025

Chámome Lola, teño dez anos e non soporto vivir cos meus tíos. Pero encántame ir á feira co meu mellor amiga, Ruth. E, sobre todo, montar no tren da bruxa, que é a nosa atracción preferida. Ou era, porque non se se volverei subir a ela nin se volverei ver a Ruth.
Desde que cheguei a Feriópolis, é todo moi distinto, tan fabuloso que non parece real.
E ti, confiarías no tren da bruxa?

Ledicia Costas

É unha das autoras máis recoñecidas e traducidas da literatura galega.
Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil en 2015.
Premio Barco de Vapor 2025

Nacín unha tarde de setembro de 1979. De pequena, o que máis me gustaba era ler, arrincar os cables das bonecas e visitar cemiterios. Estudei Dereito e exercín algún tempo coma avogada, pero desde hai xa moitos anos dedícome por completo á literatura, profesión que me fai moi feliz. Gústanme as historias de meigas, pantasmas e do Alén Mundo. Tamén me gusta xogar a videoxogos, ir ao cine e comer xeados. Son unha lectora apaixonada, por iso me convertín en escritora. É imposible saber cantas historias me quedan por escribir; agardo que varias ducias!

Os mellores libros son os que se escriben coa cabeza pero, sobre todo, co corazón.

____

Editorial: SM 06-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 128
INFANTIL: DE 8 A 14 AÑOS