Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

FEMINISMO EN CEN PALABRAS

por Luca Chao
€16,00
ISBN 9788491519706

Quen decide escribir un libro coma este, faino dende o convencemento feminista, ese ideal revolucionario en virtude do cal todas as persoas somos iguais. E faino tamén desde a idea de que nomearnos, moito máis na nosa lingua, é o primeiro paso para pensarnos, para recoñecernos e para existir.
En Feminismo en cen palabras, Luca Chao quere facer un convite ao pensamento, unha modesta introdución a unha forma concreta de mirar e nomear o mundo que nos rodea. Un achegamento a un corpus teórico mínimo, esencial, que facilite a comprensión de certos conceptos básicos da teoría feminista. E tamén unha invitación a ir máis alá, a aventurarse nas teorías e nas autoras que se mencionan, unha porta sempre aberta á discusión.

 Luca Chao

(Lugo, 1988) é licenciada en Ciencias Políticas, especialista en Migracións Internacionais e doutora en Ciencias Sociais e do Comportamento cunha tese sobre a Lei da Memoria Histórica e a participación política dos descendentes do exilio republicano español.

Na X lexislatura do Parlamento de Galicia foi deputada e voceira do seu grupo parlamentario. Traballou como investigadora e docente, nas Universidades da Coruña e Santiago, e colaborou en numerosos proxectos de investigación centrados en cuestións vinculadas coa participación política, as migracións internacionais e o xénero.

Actualmente exerce labores de consultaría para o sector público e colabora con medios como Nós Diario e Público.

______

Editorial: Galaxia 01-2013

Idioma: Galego