Este libro constitúe unha pequena guía para transitar polo complexo e apaixonante territorio dos feminismos. Preséntase como unha viaxe con parada en tres estacións: a primeira onde se expoñen os intereses e as temáticas máis relevantes das que consideramos as teorías feministas que supuxeron unha verdadeira revolución do propio concepto de “muller”, ao abrir á diversidade o suxeito político do feminismo, as “mulleres”; a segunda onde se traza un percorrido pola historia de vida das mulleres e pola súa ininterrompida reivindicación de dereitos; e a terceira onde se examinan dúas cuestións de imprescindible reflexión, a violencia e a linguaxe.
____
Editorial: UVIGOIdioma: Galego