Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

FÁBULAS CONTADAS

€10,15
ISBN 9788491216858
O xefe de policía Rigoberto Raposo leva anos agardando que se cometa un delito na tranquila vila de Uz para demostrar o seu mérito e, por fin, chega a ansiada oportunidade: a bibliotecaria Severiana Pratas denunciou o roubo duns valiosos torques. O xefe de policía xa soña cun ascenso. O que non sabe é que dous rapaces, Antía e Daren, tamén están facendo as súas propias pescudas. Resolverase o enigma dos torques roubados? Unha orixinal novela de misterio chea de retranca e desbordante humor. Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, 2019

Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor (puaggg, que noxo!).

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego