Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

EU SON DE AQUI E DE ALA

€15,50
ISBN 9788411765572

Eu son de aquí e de alá vai á procura de Matilde Lloria (1912-2002), poeta que viviu de a cabalo entre Valencia e Galicia, e que na España do século XX cultivou unha produción poética en valenciano, galego e castelán. Enfiando as voces de diferentes persoas convertidas aquí en personaxes, Tamara Andrés comparte a súa indagación arredor dunha autora alófona e migrante.
É esta unha obra que se sitúa nun lugar intermedio. Tamén un exercicio de memoria fragmentada, un xogo de espellos, unha pescuda sobre o que fica fóra das historias literarias, unha man tendida, un intento de reparación.

____

Editorial: Galaxia 02-2026 
Idioma: Galego
Páxinas: 116
FICCIÓN MODERNA E CONTEMPORÁNEA