Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ESTAMPAS DESDE O VAL

€19,40
ISBN 9788491514541
Artigos xornalísticos 1901-1963

Recolle unha selección de artigos de temática heteroxénea que Manuel García Barros deu á prensa entre 1901 e 1963, coa pretensión de ofrecer un panorama amplo da súa produción xornalística, fundamental para un mellor coñecemento do seu pensamento, moitas veces esquecido e silenciado, e que non deixa de ser un elo máis na cadea da nosa Historia desde a óptica e protagonismo dun galeguista “carente de xestos inúteis, pero co alento aquecido por unha baril actitude de cerne galeguidade”, como o definiu o seu amigo e compañeiro de estadía no cárcere, Francisco Fernández del Riego. García Barros, Manuel Mestre e labrego que naceu en 1876 en Berres (A Estrada) e morreu en 1972 en Callobre (A Estrada). Realizou estudos de Maxisterio. Foi fundador e director do xornal El Estradense  (1906). Asinaba co pseudónimo Ken Keirades os seus artigos anticaciquís. Debido ás súas ideas galeguistas e progresistas, tivo problemas coa xustiza, chegando a ser encarcerado en varias ocasións, coincidindo na prisión de Pontevedra con Fernández del Riego en 1955. Da súa creación destacan a obra teatral Carta da Habana, estreada en 1926, Contiños da Terra (1931) e a novela As Aventuras de Alberte Quiñói, que rematou de escribir en 1942 e só vería a luz postumamente. Tamén a colección de relatos inéditos Enredos e a miscelánea autobiográfica Dos meus recordos foron publicados logo da súa morte. Desde 1957 o escritor estradense foi correspondente da Real Academia Galega.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • DE COMPOSTELA AO EXILIO INTERIOR

    ANTÓN MASCATO
    €23,00

    Esta obra de Antón Mascato –o primeiro biógrafo de Fernández del Riego–, percorre, dun xeito divulgativo e áxil, os fitos biográficos de Fernández ...

    Ver todos os detalles
  • CADERNOS PERSOAIS

    Lois Pereiro
    €17,00

      Chan da Pólvora réndelle homenaxe a Lois Pereiro no 25 aniversario da sua morte –24 de mayo de 1996– coa publicación deste conxunto de cadernos i...

    Ver todos os detalles
  • XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ. MESTRE REPUBLICANO

    XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ. MESTRE REPUBLICANO

    Narciso de Gabriel
    €22,95

    Diario escolar e desterro. Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985) cursou estudos de maxisterio na Escola Normal de Pontevedra entre 1931-1934, at...

    Ver todos os detalles
  • ESCRITA OCULTA

    Santiago, Isolda
    €16,00

      Isolda Santiago, unha das autoras máis esvaradías e inclasicables da xeración dos noventa, rompe un silencio de 25 anos e ofrécenos a súa Escrita...

    Ver todos os detalles
  • GRIAL 237

    VV.AA.
    €13,50

    A Real Academia Galega escolleu a Francisco Fernández del Riego como o persoeiro homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas. O que fora preside...

    Ver todos os detalles