Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

ESTADO, PODER E ESTRUCTURAS POLÍTICAS NA GALLAECIA

€18,75
ISBN 9788461775002

Estado, poder e estruturas políticas na Gallaecia de Martín Fernández Calo é unha obra de grande valor polo seu novidoso carácter sintético relativo a un amplo período da história política da Gallaecia (S. II a.C. – VIII d.C.) mais tamén pola sólida visión de conxunto que apresenta a partir dunha potente revisión bibliográfica e de fontes que contribui a enriquecer o coñecemento e o debate sobre a historia da Galiza durante a antiguidade e os primeiros séculos da alta Idade Media.

RESENHAS - RECENSÕES / RESEÑAS - RECENSIÓNS

“Un magnífico ensaio con vocación globalizadora… O coñecemento bibliográfico, o emprego das fontes e a finura da análise deron como froito unha obra dunha madurez infrecuente e insospeitada nun autor que, sen dúbida, está a principiar un brillante percorrido científico”.
— Francisco Calo Lourido, Padroado do Museo do Pobo Galego.

“Este é un libro importante… que propón novidosas interpretacións que avanzan o noso coñecemento da Gallaecia tardo-antiga. Recoméndoo con entusiasmo a todos os interesados nesta época”.
— Alberto Ferreiro, Seattle Pacific University.

“A percepción dos procesos históricos precisa de perspectivas diacrónicas amplas; a historia da Gallaecia antiga estivo marcada nas últimas décadas por unha excesiva compartimentación. Esta tendencia… provocou ocasionalmente unha perda de perspectiva arredor da unicidade intrínseca das estruturas sociais e políticas da Gallaecia… O traballo que Martín Fernández Calo propón recupera unha idea de unidade estrutural imprescindíbel para valorar as transformacións… e entender a conformación da sociedade galega alto-medieval”.
— Pablo C. Díaz, Universidad de Salamanca.

Martín Fernández Calo é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación céntrase na evolución socio-política, institucional e eclesiástica da Gallaecia, da Prehistoria recente á Tardoantigüidade, tema ao que ten adicado varios artigos académicos e no que se insire o seu proxecto de doutoramento: “Xenealoxía do poder local galaico na Antigüidade”.

____

Editorial: BLUKK
Idioma: Galego