Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

ESPERANDO O LEITEIRO

€10,50
ISBN 9788498654219
Un monólogo sen pausas no que narra a vida dun mozo campesiño mentres agarda para iniciar a viaxe que, a mediados do século XX, o ha levar da súa aldea a Buenos Aires.

Nesta crónica dun mundo que perdemos, escrita cunha lingua vizosa e chea de autenticidade, Neira Vilas evoca con pluma maxistral as vivencias dun mozo de dezanove anos que, na década de 1950, marcha para as Américas empurrado polos que estaban alá e pola escaseza do que tiña aquí. A novela é testemuño dun mundo que se foi, o da aldea, cos seus atafegos e traballos, o seu universo, os seus costumes, a súa fala, mundo que Neira Vilas narra a través dun monólogo sen interrupcións feito coas lembranzas e coas arelas do protagonista.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego