Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

ESMOLEIROS E PETOS DE ÁNIMAS DA PROVINCIA DE OURENSE

€12,70
ISBN WP1829
Estanislao Fernández de la Cigoña recolle unha gran parte dos petos de ánimas e esmoleiros que se atopan espallados pola provincia de Ourense, mergullándonos nun pasado que semella esquecido e que vai espertando e tomando vida canto máis nos adentramos na lectura da obra.

 Ao momento decatámonos da importancia que teñen estes elementos para o coñecemento da historia das nosas aldeas e a relación do ser humano co medio. Estamos ante testemuños que farán recuperar, aínda que só sexa na nosa memoria, os camiños, as laxes, as corredoiras e mesmo as lendas que antano deron vida e, ás veces, fixeron tremer os nosos antepasados.

____