ESCOLMA DE POESÍA BERCIANA EN LINGUA GALEGA (1860-1960)
€7,00
ISBN 9788487783678
É unha evidencia que no occidente do Bierzo se fala galego. E onde hai lingua hai literatura. E este libro quere teimar nas evidencias.
Esta Escolma tenta mostrar parte da súa literatura nesta lingua, literatura asombrosamente esquecida por todos, por un Bierzo reprimido culturalmente, e por unha Galicia inconsciente.
Vai esta selección de poesía berciana en lingua galega adicada fundamentalmente ao publico en xeral, e sobre todo aos bercianos que teiman en conservar o seu galego natural.
____
Editorial: Positivas 1- 2018
Idioma: Galego