Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

ESCOLMA DA CULTURA INMATERIAL DE CANGAS

€10,00
ISBN WP16396
Un percorrido que comeza polo santuario de Berobreo, no monte do Facho en Donón, e que remata cunha sección chamada "Contan que", na que Dasairas explica a orixe dalgúns dos elementos que forman parte da paisaxe cotiá de Cangas ou dalgunhas desas frases ou expresións que forman parte da linguaxe dos cangueses. É o caso de "faser ghasolina", "os carallotes", "traballar para Aldán" ou espazos como o Keniata ou o monolito de Rodeira, entre outros.

Ao longo do libro hai apartados adicados as lendas sobre mouras, mouros e ananos; trasnos; animais míticos, como a raposa de Cangas; demos e seres malignos; a Compaña; ou sobre bruxas e bruxerías e meigas e meigallos. Xerardo Dasairas inclúe tamén neste libro dous relatos de José María Castroviejo aínda sen publicar, "O capitán Lebermor e os homes peixe" e "A cova dos pesos", e unha sección adicada a desfacer algúns equívocos que soen aceptarse como verdades. Así, desminte a presenza en Cangas do rei Carlos II, coñecido popularmente como "O enfeitizado", para buscar nas "famosas bruxas" da vila remedio ao seus problemas de saúde; ou que a condesa Dona Luz, nai do famoso conquistador don Pelaio, vivise en Cangas.

____

Editorial: Autor-Editor
Idioma: Gallego