Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ERUDICIÓN E ILUSTRACIÓN. ESTUDOS SOBRE MARTÍN SARMIENTO

€20,00
ISBN

"La figura del padre Sarmiento está presente en las actividades del Consejo de Cultura Galega desde los inicios de la institución", explicó Rosario Álvarez, presidenta del Consejo de Cultura Galega, durante la presentación del volumen digital Erudición e ilustración. Estudios sobre Martín Sarmiento. Trátese de las actas del Simposio Martín Sarmiento. De historia natural y todo científico de erudición, incorporan el trabajo de doce expertos que abordaron la obra del intelectual gallego desde diferentes ámbitos científicos. En el acto de presentación participaron Rosario Álvarez, presidenta del Consello da Cultura Galega, y Henrique Monteagudo, editor de la publicación.

Coincidindo co 250º cabodano de Martín Sarmiento (1695-1772), en 2022 viñeron a lume os volumes I e V da Obra de 660 pliegos, que completaban a edición do texto deste oceánico escrito, iniciada en 2008 coa publicación dos volumes II, III e IV. Co gallo desta efeméride, o Consello da Cultura Galega, padroeiro do proxecto «Obras de Martín Sarmiento», organizou un encontro científico arredor da súa obra co título Simposio Martín Sarmiento. De historia natural e de todo xénero de erudición. Neste volume ofrécense as contribucións dos especialistas que participaron nese simposio.
Na Obra de 660 pliegos, coa súa extensión desconforme, a súa enciclopédica variedade e a súa encerellada (des)organización, Sarmiento intérnase nunha boa presada de asuntos dos menos estudados dentro do vasto abano dos seus intereses: poboación, economía, agricultura, gandaría e pesca, comercio e industria, botánica e mineraloxía, medicina e farmacia, potabilización da auga do mar, cálculo da lonxitude terrestre, matemáticas, historia literaria, antigüidades etc. Sen pretensión de tocar todos eses asuntos nin tampouco de cinxirse a eles, a ducia de traballos que compoñen este volume, escritos por especialistas en distintas ramas do saber, ofrecen unha serie de achegas sobre a súa figura e a súa produción que constitúen reveladoras incursións no magno continente Sarmiento, un continente con amplas rexións aínda pendentes de exploración.

____

Editorial: Consello da Cultura Galega 05-2024
Idioma: Galego