Unha tribo de soñadores, un xacemento arqueolóxico imposible, unha misteriosa obsesión felina, unha lenda de mouras ou a biografía dun escritor inexistente, entre outras breves historias, forman parte dos contos deste libro, que pertencen todos ao xénero da literatura fantástica e se caracterizan por tratar unhas temáticas e narrativas nas que aparecen elementos que non poden ser explicados por medios racionais, que conteñen aspectos que poden ter algo de anómalo, sobrenatural, extraordinario ou máxico, e nos cales as accións suceden todas en lugares e momentos nos que o estraño e inexplicable se infiltran nos espazos situados entre os límites do soño e da fantasía.
____
Editorial: Toxosoutos 08-2023Idioma: Galego