Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ENTRE A MEMORIA E O ESQUECEMENTO

€14,95
ISBN 9788484877011

Unha visión do pasado español dende o exilio republicano en México.

A autora, especializada en estudos sobre memoria e identidade en contextos de desprazamento forzado e exilio político, achéganos, ademais de reflexións teóricas sobre os seus dous principais obxectos de estudo, unha aproximación ao exilio republicano en México e a súa institucionalización, así como ás condicións nas que se produciu a denominada “transición española”, ollada dende a distancia dun exilio permanente no país de acollida.

Guiomar Acevedo López, neta de exiliados republicanos, de Xoán López Durá, importante dirixente galeguista, e máis da socialista Caridad Martín Fernández, apórtanos a visión, no só académica, senón tamén humana, da terceira xeración, a dos netos e netas do exilio, e en especial daquel que nunca regresou, ou, en palabras do filósofo Adolfo Sánchez Vázquez, do aterrado, sen raiceiras nin asentamento, esgazado da súa terra, dos seus, aferrollado ao presente, entre un pasado que non se vai e un futuro que non vén, ata virar nun transterrado, o que atopou despois do perdido, isto é, do desterro.

Guiomar Acevedo López (Cidade de México, 22 de febreiro de 1984) é unha historiadora, descendente de exiliados republicanos en México, especializada en estudos de memoria e identidade en contextos de desprazamento forzado e exilio político. Os seus traballos centráronse, principalmente, no exilio republicano español en Europa e América Latina, e no caso bengalí, tras a partición da India e Paquistán.

Licenciada en Historia con Mención honorífica pola "Universidad Nacional Autónoma de México" (UNAM) e Mestrado en Estudos Asiáticos e Africanos por "El Colegio de México". Actualmente cursa o doutoramento en Historia na UNAM.

É autora de diversos traballos, entre os que destaca o presente libro editado en español, en México (Limusa-Morados, 2011).

____

Editorial: Laiovento 10-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 166
Catalogo xeral 455