Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ENTENDER O CÓMIC

€19,00
ISBN 9788492866274
Ao longo de 224 páxinas Scott McCloud emprende unha análise amena e profunda das características propias do cómic como linguaxe literaria. Este libro supuxo unha auténtica referencia no seu momento e segue constituíndo o primerio título da bibliografía de quen queira achegarse ao cómic, vinte anos despois da súa aparición. Tradución do inglés de Rafael Salgueiro

Scott McCloud (Massachussetts, 1960) leva dende os 24 anos achegando aire fresco á banda deseñada estadounidense. Xa daquela, nunha época dominada polos cómics violentos e escuros, estreouse coa colorida Zot!, unha das primeiras obras influenciadas polo manga xaponés no seu país e protagonizada por un heroe procedente dun mundo paralelo no que se materializaron os vaticinios optimistas imaxinados nos séculos XIX e XX. Máis tarde chegaría Destroy!, unha parodia das escenas de pelexa dos comics de superheroes, e The new adventures of Abraham Lincoln. Posteriormente destacou coas súas achegas teóricas no eido da banda deseñada. O seu interese por explorar as posibilidades da novena arte levouno a inventar o “cómic en 24 horas” ou o termo “lenzo infinito”, que aproveita as posibilidades da web para liberar as obras dos límites da páxina.

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego