Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ENSAYO HISTÓRICO SOBRE LA CULTURA GALLEGA

€20,00
ISBN 9788417802165
A publicación do Ensayo histórico sobre la cultura gallega de Ramón Otero Pedrayo en 1930 foi un acontecemento decisivo na construción e difusión da idea de Galicia, da súa realidade histórica e cultural, promovida pola Xeración Nós.

O Ensayo historico sobre la cultura gallega representou, á altura da súa primeira edición en 1930, unha novidade no panorama historiográfico galego e, desde logo, un punto culminante na traxectoria intelectual de Ramón Otero Pedrayo, ao consagrar o seu autor, alén de anovador xeógrafo e audaz romancista, como un verdadeiro intérprete da historia de Galicia e unha figura de referencia no sistema cultural galego. O obxecto do Ensayo histórico é estudar a cultura galega como un todo orgánico e harmonioso, no que importan pouco as manifestacións específicas desa cultura (textos, artes, autores…) así como as razóns profundas que fixeron posible a existencia da cultura galega. A paixón que anima a prosa do ensaio de Otero deriva dunha vontade de explicar a esencia da patria para que esta poida ser redimida non por un individuo, senón polo pobo no seu conxunto, un “pobo en camiño”.

____

Editorial: Aira
Idioma: Castellano