Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ENSALADAS. A FRESCURA DA TERRA

€15,90
ISBN WP1243
Un exemplo que o determina claramente son as mesturas actuais de elementos crus con outros cocidos -verduras cocidas, cereais, legumes-, que dan lugar a preparacións máis completas e a pratos con máis entidade.

A ensalada, até hai pouco, concretouse nuns produtos clave: leituga/escarola, tomates, cebola, olivas, pemento, cenoria, ravos... e algunhas herbas silvestres. É desde estes últimos trinta anos, momento en que a cociña cambiou de signo en xeral, que "o cru e o frío" adquiriron relevancia. Un exemplo que o determina claramente son as mesturas actuais de elementos crus con outros cocidos -verduras cocidas, cereais, legumes-, que dan lugar a preparacións máis completas e a pratos con máis entidade. Outro punto a ter en conta e que deu un xiro é, precisamente, o aderezo. Do clásico aceite, vinagre e sal (botado enriba dos elementos sen movelos) pasouse a elaborar salsas variadas e a condimentar de novos e diferentes xeitos, e, sobre todo, a pór en práctica o clásico tourner a salade da cociña francesa, é dicir, mesturar os integrantes da ensalada. Ou a gama de sal de sabores e procedencias diversas ou os vinagres ao estilo balsámico. De feito, a presenza da ensalada é atemporal, posto que aparece en calquera época. Agora ben, a cualificación da comida fría e a tendencia actual cara a ela provocaron que estes pratos se sitúen cada vez máis en momentos de calor ou de frío e que sexan esperados por todo o mundo. A través de 104 propostas, que combinan tradición e innovación, este libro invita á mestura, ao atrevemento e, sobre todo, aos cambios -moi do gusto da autora-, para que así cadaquén poña o seu toque particula.

____