Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

ENSAIOS A PROBA DO TEMPO

€19,70
ISBN 9788498651881
A obra ensaística do autor de O segredo do humor e introdutor de Heidegger en Galicia non era abondo coñecida por estar publicada de xeito disperso. Por primeira vez reúnense nun libro ensaios e artigos que, co paso do tempo, adquiren aínda meirande relevancia e multiplican os seus significados.

Neste libro reúnese un mangado de ensaios publicados en libros, revistas e prensa. Recompílanse por primeira vez e edítanse ordenados cronoloxicamente pola data de publicación. Tamén se respecta o idioma no que foron dados a coñecer, quer galego quer castelán, en función do momento no que foron escritos e do medio de comunicación ao que ían destinados. O autor, en carta de 1974, propuxo a idea e o título: "Reproduzo os ensaios tal como foron publicados, é dicir, someténdoos á proba do tempo".

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego