Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

EN CANTO AGONIZO

€20,00
ISBN 9788419795731

En canto Addie Bundren agoniza, o seu fillo máis vello, Cash, comeza a construírlle o cadaleito. Así que falece, en pleno mes de xullo, o seu marido e mais os cinco fillos cargan o corpo nun carro tirado por mulas para ir enterrala a Jefferson, cos seus parentes.
Todos os personaxes van narrando, cada un á súa maneira, os pormenores desta odisea, que transita entre a traxedia e a comedia negra, e que retrata a crueza dos anos da Gran Depresión nas zonas rurais dos Estados Unidos.

TEMÁTICA:América, Familia, Ficción clásica, Morte

William Faulkner

William Faulkner naceu en New Albany, Mississippi, o 25 de setembro de 1897. Publicou o seu primeiro libro, The Marble Faun (unha colección de poemas), en 1924, e a súa primeira novela, Soldier’s Pay, en 1926. En 1949, logo de escribir obras como Absalom, Absalom!As I Lay DyingLight in August e The Sound and the Fury, Faulkner foi galardoado co Premio Nobel de Literatura. Tamén recibiu o Pulitzer por outras dúas novelas, A Fable (1954) e The Reivers (1962). De 1957 a 1958 foi escritor residente na Universidade de Virginia. Faleceu o 6 de xullo de 1962 en Byhalia, Mississippi.

____

Editorial: Rinoceronte 01-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 232
NARRATIVA