Ir ao contido
Benvidos á nova web de Librería Abrente!
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

ELISEO PULPEIRO. AS LETRAS GALEGAS ENTRE DUAS RIBEIRAS.

€15,00
ISBN WP4214
Esta publicación contribúe a facer emerxer a súa figura na historia de Galicia, nomeadamente na parte americana, pero tamén no campo das letras galegas. Foi posible grazas ao traballo de recuperación de dúas persoas: a súa filla Sylvia Pulpeiro e o investigador ribadense Pablo Rodríguez, que construíron unha biografía en que deron voz ao propio Pulpeiro.

Eliseo Pulpeiro (Ribadeo 1901 – Bos Aires 1974) emigra cos seus pais e irmáns a Arxentina cando acaba de cumprir doce anos. Nunca se esquece do seu Ribadeo e da súa Galicia e segue desde a distancia todo aquilo que acontece na terra que o viu nacer. Esta publicación contribúe a facer emerxer a súa figura na historia de Galicia, nomeadamente na parte americana, pero tamén no campo das letras galegas. Foi posible grazas ao traballo de recuperación de dúas persoas: a súa filla Sylvia Pulpeiro e o investigador ribadense Pablo Rodríguez, que construíron unha biografía en que deron voz ao propio Pulpeiro. A través dela descóbrese o relato dun persoeiro que vai máis alá de ser o fundador e director literario de Céltiga, unha das máis importantes revistas da emigración galega en América. Compílase unha nutrida representación dos seus escritos en prosa e en verso, asinados co seu nome ou baixo pseudónimos (Xandomar, Critias...), que permiten debuxar un home fondamente asentado na terra, un observador minucioso, culto e fondamente galeguista, dotado a partes iguais dun estilo irónico e crítico. Un escritor tenaz que teceu unha ponte entre o Río da Prata, polo que navegou, e o río Eo, no que se criou.

____