Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

ELAS E O PARAUGAS TOTALIZADOR

€19,80
ISBN 9788497823401
"Elas e o paraugas totalizador" é unha metáfora das tensións identitarias: os tirapuxas entre xénero e nación.

Nun espléndido ensaio, tan clarificador como innovador, chamado a converse nun referente imprescindible para os estudos literarios galegos, a investigadora e crítica Helena González ofrécenos un percorrido pola literatura recente escrita por mulleres: as escritoras conformaron un espazo e unha linguaxe de seu que alterou por completo a literatura e significou unha enérxica irrupción no canon. A singularidade do caso galego serve de contrapunto, porque elas escriben desde a hiperconciencia, desde as marxes, para converteren as súas escritas en centrais, inevitables. Este ensaio ofrece análises novidosas para toda a crítica feminista en relación ao retos das escritoras identitariamente posicionadas e innovadoras, situándose nos estudos das identidades emerxentes.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego