Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

EL MEDIO ES EL MUSEO = O MEDIO É O MUSEO = BITARTEKARIA MUSEOA DA = THE MUSEUM AS MEDIUM

por VV.AA
€24,00
ISBN 9788493636029
O catálogo da exposición O medio é o museo edítase conxuntamente polo MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo e o Koldo Mitxelena de San Sebastián. Nas súas 295 páxinas inclúe os textos en catro linguas: galego, vasco, español e inglés. Conta con ilustracións a cor e ficha técnica de todas as obras que formaron parte da mostra.

Estruturado en varias parte, en O auxe da exposición, Dorothea von Hantelmann dirixe o seu ensaio á evolución das exposicións a través dos anos 90 ata a actualidade. Trata do fenómeno dos museos e as institucións culturais nos últimos anos, que pasaron de ser organismos cun propósito limitado e convencional —o de documentar e conservar testemuñas físicas do ser humano— ata o concepto actual de museo, que vai moito máis aló do horizonte artístico contactando co público a través de novos medios e manifestacións sociais. En O medio é o museo inclúense os textos dos comisarios Pablo Fanego e Pedro de Llano, que desenvolven o concepto da mostra e xustifican o contido da mesma, repasando as obras e artistas en exhibición. Por último, no Relato expositivo, recóllense todas as obras, xa sexan materiais, inmateriais ou efémeras, con fotografías da exposición celebrada tanto no MARCO como no Koldo Mitxelena Kulturunea.

____

Editorial: MARCO
Idioma: Castellano