Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

EDUARDO PONDAL. OS CANTOS ERAN DA PATRIA (120 POEMAS)

€12,00
ISBN 9788494600579
A presente antoloxía foi elaborada coa pretensión de reunir nun volume os textos poéticos máis significativos e/ou representativos da produción literaria pondaliana, lírica e épica. Para isto, optamos por unha agrupación temática superadora dunha pigra división entre poemas en libro e poemas publicados noutros formatos (fundamentalmente xornais e revistas), ou de poesía édita e poesía procedente de textos manuscritos, ou, en fin, dunha difícil ordenación cronolóxica imposíbel de determinar en moitos dos textos pondalianos.

Deste xeito, balizada polo marco textual dos Queixumes, a escolma foi construída como unha serie estruturada de cinco núcleos temáticos, que presentan, por súa vez, unha consciente ordenación textual interna, á procura dunha lectura seriada dos poemas seleccionados.

O primeiro bloque da antoloxía está formado polos textos de fondo autobiográfico, lato sensu. A segunda parte está constituída polos poemas que mostran máis directamente o cerne do pensamento pondaliano. A sección terceira da escolma está dedicada aos poemas “históricos”. O seguinte grupo poemático reúne composicións pondalianas directamente anticastelás, en enérxica e ousada defensa da Galiza e das xentes que nela habitan. Os pátridos acentos presenta cinco poemas dedicados á lingua galega, certamente significativos nun contexto de renacemento e de loita contra a desaparición da identidade galega e a extinción nacional. A sección Do Oceano os campos espaciosos, derradeira, recolle o canto XIII d’Os Eoas, precedido de tres textos líricos en que o poeta se refire directamente á elaboración dun poema épico que, tal como aconteceu con Os Lusíadas na literatura portuguesa, ideaba como alicerce da literatura galega renacente.E

____

Editorial: R.A.G.
Idioma: Galego