Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DUBLINESES

€18,00
ISBN 9788491517993

Tradución de María Alonso Seisdedos

James Joyce publicou Dublineses en 1914. Unha colección de quince relatos escritos dun xeito realista nos que se retrata a clase media de Dublín e arredores durante os primeiros anos do século XX. No momento en que o autor escribe estas narracións, o nacionalismo irlandés e a súa defensa da identidade nacional estaban en plena efervescencia.

O centro da concepción narrativa de Joyce é a idea da epifanía, a dunha revelación do senso da vida como consecuencia dunha experiencia concreta. Para o autor deste libro, a busca da identidade nacional representaba unha parálise, unha pexa no progreso da arte e da cultura cara a esa revelación. E Dublín estaba na cerna dese movemento regresivo. Por iso hai nestes contos un intento de representar o paso do tempo, da infancia á vellez, como un proceso de iniciación e iluminación que conclúe na historia final, “Os mortos”. Para poder levar a cabo ese proceso, o autor do Ulises remataría por exiliarse.

____

Editorial: Galaxia 2022
Idioma: Galego